As fases iniciais do .gal rematan con preto de mil dominios reservados

_gal1_result
photo_camera O reitor coa directora da EET de os representantes da asociación.

O reitor e os representantes da Asociación PuntoGAL fixeron un primeiro
balance na Escola de Enxeñería de Telecomunicación

Ás 93 entidades da fase Pioneiros que estrearon dominio .gal o 25 de xullo, uníronse arredor de 850 máis con apelido galego en internet. As primeiras fases desta iniciativa pechanse así con preto de 1.000 páxinas co .gal que están activas dende o 2 de decembro. Ese mesmo día arrancou tamén a Fase Aberta, á que se poden adherir tanto empresas como institucións e particulares, espallando así o dominio galego a toda a sociedade. Estes datos foron feitos públicos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación polo reitor, Salustiano Mato, a directora do centro e directora xeral da Asociación PuntoGAL e Manuel González, presidente da mesma. Edita de Lorenzo explicou que a resposta obtida na segunda fase, con preto de 850 solicitudes, “cumpre as nosas expectativas e reflicte o interese tanto de empresas internacionais como Google ou Facebook, como de empresas galegas, administracións públicas e mesmo particulares que teñen web propia”. E é que esta fase estivo deseñada para grupos con dereitos preferentes como, por exemplo, as entidades que promoven o galego, administracións públicas ou propietarios de marcas rexistradas que puideron solicitar o dominio .gal para as mesmas.

O presidente da Asociación PuntoGAL lembrou que ao abrirse a fase libre, na que calquera organización ou persoa pode solicitar o seu dominio, “chega a hora da verdade, é a hora de ser consecuentes coa nosa identidade, coa nosa historia, coa nosa realidade social, coa nosa vontade de seguir vivindo e permanecer no futuro”.

Te puede interesar
Más en Universitas