UNIVERSITAS

O festival We Are Ads ábrese a todo o alumnado da Universidade

fest_result
photo_camera We Are Ads.

Co propósito de dar visibilidade aos traballos realizados polo alumnado de Publicidade e Relacións Públicas naceu We Are Ads

Co propósito de dar visibilidade aos traballos realizados polo alumnado de Publicidade e Relacións Públicas naceu We Are Ads (WAA), o primeiro festival universitario de publicidade de Galicia, que en marzo de 2016 celebrará a súa segunda edición. Promovido por un grupo de estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, que este martes organizou unha xuntanza co propósito de sumar novos membros ao equipo de traballo, o segundo festival WAA centrarase de novo en premiar os mellores traballos realizados polos estudantes, dentro e fóra das aulas, nun certame que nesta edición abrirá a súa participación a todo o alumnado da Universidade.


“Aínda que é un festival de publicidade e de comunicación, poderá participar calquera persoa matriculada na Universidade”, salienta Cristina Ferreiro, unha das representantes da asociación WAA, constituída co propósito de poñer en marcha este festival feito por e para o alumnado, que este martes iniciou o traballo da súa segunda edición cun open call, un acto aberto dirixido a incorporar novos membros ao equipo, ao que asistiron preto dun cento de alumnos e alumnas

Te puede interesar
Más en Universitas