UNIVERSITAS

Os graos de 3 anos reducirían o sistema universitario

gal1-1-_result

“verdadeira reconversión da universidade española que se podería traducir nunha diminución global do 25% do sistema universitario público”.

Ás portas das dúas xornadas de folga convocadas polos sindicatos de estudantes en contra do coñecido como ‘decreto 3+2’, CCOO organizou no campus de Vigo un coloquio para debullar o contido desta normativa que modifica a ordenación das ensinanzas universitarias en España.

O secretario de Universidades da Federación de Ensinanza do sindicato, Julio Serrano, explicou como este Real Decreto, xunto cos outros aprobados dende 2012 polo Goberno Central e outros dous que están a piques de ser aprobados sobre a creación de centros privados e sobre a acreditación do profesorado, constitúen unha “verdadeira reconversión da universidade española que se podería traducir nunha diminución global do 25% do sistema universitario público”. Neste sentido, tanto o responsable nacional como Luz López, secretaria xeral de CCOO-Ensino, amosaron o seu apoio á folga e ás mobilizacións porque esta é “un loita de todos, dos estudantes, dos traballadores, dos docentes, das familias e da sociedade en xeral; é obriga de todos defender o ensino público e igualitario”.

Te puede interesar
Más en Universitas