UNIVERSITAS

José Pazos achegará á RAGC a súa experiencia no ámbito das TIC

pag4A_result
photo_camera O catedrático da Universidade de Vigo Jose Pazos Arias.

O catedrático e enxeñeiro da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación converterase este ano en académico numerario da Real Academia Galega das Ciencias

En novembro de 1988 incorporábase como profesor asociado a tempo completo á Escola Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Santiago de Compostela José Pazos Arias. Tras rematar os seus estudos de Enxeñaría de Telecomunicación e unha experiencia laboral de menos dun ano nunha empresa, Pazos entraba a formar parte do cadro de persoal da, naquel momento, única universidade de Galicia. Coa creación en xaneiro de 1990 da Universidade de Vigo, o docente e investigador participa activamente na xénese e consolidación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, encargándose da posta en marcha de varias materias e laboratorios da especialidade de Telemática, unha das dúas que ofertaba o plan de estudos vixente daquela.

Transcorridos 25 anos dende entón, ao catedrático da Universidade de Vigo acábanlle de confirmar a súa incorporación ao longo deste 2016 á Real Academia Galega de Ciencias, RAGC, na que tamén ingresarán nos próximos meses o economista da Universidade de A Coruña, José Ramón Cancelo da Torre; o matemático da Universidade de Santiago Juan José Nieto Roig e o enxeñeiro químico tamén da USC, Juan Lema Rodicio. “É unha honra que entendo como un recoñecemento á actividade de investigación e transferencia que vén realizado, desde a súa constitución, o grupo de Servicios para la Sociedad de la Información, SSI, do que son responsable, pero tamén ao prestixio gañado pola Escola de Enxeñaría de Telecomunicación dentro do sistema universitario”, sinala José Pazos.

Te puede interesar
Más en Universitas