UNIVERSITAS

Luis Espada, todo un Amigo Distinguido

pag4(2)_result
photo_camera Luis Espada lucindo a súa medalla de Amigo Distinguido Foto: Jesús Nieto

Alumni Vigo recoñece o labor do primeiro reitor da Universidade de Vigo

“Neste acto rendemos homenaxe, desde a sociedade, a unha personalidade sobresaliente na defensa e promoción da mellor imaxe da Universidade de Vigo, o seu primeiro reitor”. Con estas verbas, e moitas outras, defendeu José María Franco, presidente de Alumni Universidade de Vigo, o nomeamento do profesor Luis Espada Recarey como Amigo Distinguido de Alumni Vigo, a Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo. “É un recoñecemento que asumo como símbolo a todo o saber que tiven a oportunidade de recibir e transmitir ao longo de toda a miña vida”, admitiu Espada, que, emocionado, se manifestou “honrado” por recibir esta distinción e orgulloso por “sentir que de verdade formo parte desta institución”.


O acto de entrega da medalla tivo lugar no auditorio municipal da rúa Areal, na antiga Reitoría, e ata alí se desprazaron numerosos membros da comunidade universitaria e representantes de diferentes estamentos da sociedade viguesa que quixeron sumarse a este acto de agarimo ao que fora primeiro reitor da Universidade, xa profesor emérito. Entre os asistentes non faltaron, o reitor, Salustiano Mato; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa e o ex-fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Carlos Varela, que pronunciou a conferencia Universidade, Sociedade e Dereito.

Te puede interesar
Más en Universitas