UNIVERSITAS

Martes ConVida, un plan afianzado que promove conductas saudables

gal1_1_result
photo_camera Un grupo de alumnos participando nunha das xornadas dos Martes ConVida.

Martes ConVida, un plan afianzado que promove conductas saudables

Integrados no proxecto Campus da Auga ConVida, os Martes ConVida naceron no campus de Ourense e dende 2013 xa están extendidos nos outros dous campus da Universidade de Vigo. "Promover condutas e estilos de vida saudables entre a comunidade universitaria é un dos obxectivos desta iniciativa" da que nos fala hoxe Guillermo Santos Santos, coordinador da Área de Deporte e Saúde dos Campus de Ourense e Pontevedra e integrante da comisión técnica dos Martes ConVida.

Como naceron os Martes ConVida?
Foi unha iniciativa da Comisión Téc­nica do Campus da Auga ConVida, financiada po­lo Consello Social, e que busca crear, a través da investigación, a for­mación e a sensibilización, que a Uvigo sexa un entor­no educativo que promova condutas e estilos de vida saudables entre as persoas que pertencen a súa comunidade.


En que consisten concretamente?
Trátase dunha acción de sensibilización sobre a comunidade univer­sitaria, que proporciona a cada persoa un "feedback" inme­diato sobre como é o seu estilo de vida e que debería facer para facelo mais saudable ao mesmo tempo que nos permite recompilar datos pa­ra a investigación que sirvan para monitorizar o estado xeral da comunidade universitaria neste ámbito  

Cantas persoas traballades neste proxecto?
Somos oito persoas na comisión técnica as que traballamos na planificación do programa de actividades e dez as que traballan directamente nos expositores (2 especialistas tituladas en Nutrición, 2 en Enfermería, 1 en Ciencias da Actividade Física e Deporte, 1 especialista titulado en Sexualidade e prevención de dro­gas, 4 estudantes en prácticas e 1 coordinador). Cada persoa ten un papel específico, relacionado coa súa espe­cialidade, e o alumnado en prácticas vai rotando entre as diferentes funcións para ter un coñecemento xeral de todos os ámbitos.

O éxito da iniciativa en Ourense animouvos a extenderla a Pontevedra e Vigo en 2013, que aceptación ten ahí?
Moi boa. No campus de Vigo imos variando as faculta­des para tentar chegar ó maior número de persoas da comunidade universitaria e no Campus de Pontevedra mantemos a facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación como centro de operacións debido ao movemento que ten este centro debido ás características da propia facultade.

Cales son os vosos proxectos máis inmediatos?
Despois de 4 anos de desenvolvemento do proxecto Campus ConVida atopámonos inmersos de cheo no proceso de avaliación final do plan de actividades 2011-2015. O obxectivo é coñecer a efectividade das actuacións realizadas durante este tempo para poder tomar decisións obxectivas sobre a dirección que debe tomar o proxecto nos vindeiros anos. Calculamos que no mes de xuño xa teremos todos os datos analizados e poderemos comezar co deseño do seguinte plan cadrianual de actividades.

Te puede interesar
Más en Universitas