UNIVERSITAS

Por unha mellor comunicación entre Universidade e sociedade

gal1-4-_result
photo_camera O profesor Fernando Ramos é o coordinador académico do foro.

Ciencias Sociais e da Comunicación acolle o 24 de marzo un foro promovido polo Consello Social

Diversidade debe render contas á sociedade, debe dar a coñecer o labor que realiza en ámbitos como a docencia, a investigación ou a transferencia de coñecemento. Esta é a idea que sustenta o foro que o Consello Social promove o vindeiro venres 24 na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación baixo o lema Universidade e sociedade: comunicación necesaria. A través dunha serie de relatorios e de mesas de debate nas que participarán profesorado, alumnado e diferentes expertos, o Foro Consello Social pretende facer balance “do resultado práctico do que foi a Universidade nestes 25 anos e, ao mesmo tempo, mirar cara o futuro”, como sinala o seu coordinador académico, o profesor Fernando Ramos.

“Como en todos os ámbitos da vida, na Universidade a comunicación é tamén moi necesaria”, engade o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, que incide no valor da institución académica como o espazo no que se forma “a xente que vai dirixir a sociedade no futuro” ou como un polo de transferencia de coñecemento “no que se xera unha relación coas empresas moitas veces descoñecida”. Por iso, partindo do precepto “de que a Universidade, como institución pública, debe render contas á sociedade”, este Foro Consello Social terá na necesidade de comunicar o eixo central do seu debate.

Te puede interesar
Más en Universitas