AUDIOVISUAL

A miniserie “Vento Ferido" chegará aos centros educativos

Unha secuencia de miniserie.
photo_camera Unha secuencia de miniserie.

O día 24 de xaneiro o Teatro Principal de Ourense acollerá a presentación pública desta obra.

nnn Entre a programación de cursos de verán que cada ano celebra o campus de Ourense está o Curso de Medios Audiovisuais de Celanova, que organiza coa Fundación Carlos Casares. Nel, alumnado do grao de Comunicación Audiovisual do campus de Pontevedra asume o reto de facer a gravación express dunha produción.

Na última edición, o traballo dos estudantes callou nunha miniserie sobre a obra de Carlos Casares Vento Ferido. O día 24 de xaneiro o Teatro Principal de Ourense acollerá a presentación pública desta obra e da unidade didáctica literaria e cinematográfica feita ao seu redor, que será distribuída nos centros de ensino galegos. 

“Cada vez que facemos unha produción intentamos que non quede no caixón, procuramos darlle percorrido, poñela en valor, convertela en algo útil”, explica Paulino Pérez, responsable cada ano do taller Celanova plató de ficción no marco de cal se fan os proxectos audiovisuais do curso de verán.n

Te puede interesar
Más en Universitas