Mónica Portela recibe o premio Astellia

onicas_result
photo_camera A investigadora viguesa Mónica Portela.

A investigadora viguesa acada o galardón á mellor traxectoria académica nacional no eido da telecomunicación

Estudar e ter sorte. Ese é o segredo da enxeñeira de Mónica Portela, que vén de ser galardoada co Premio Astellia á Mellor Traxectoria Académica en Enxeñaría de Telecomunicación, unha distinción outorgada polo Colegio Oficial de Ingenieros de Telecomunicación e pola Asociación Española de Ingenieros de Telecomunicación. Trátase dun premio a nivel estatal polo que recoñece que é algo “positivo” xa que valora o “traballo realizado durante os anos de carreira”. Laméntase de que moita xente non se presente a estas convocatorias por descoñecemento e lembra que o xurado valora o currículo e o expediente académico e o premio ten unha dotación económica de 1000 euros. 


Para Portela, este non é o primeiro premio que recoñece o seu esforzo académico. Obtivo o Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia en 2013 pola enxeñaría técnica, mentres que este novo galardón corresponde á enxeñaría superior. A investigadora traballa actualmente no grupo de Sistemas Radio, no que comezou cunha xornada de tres horas cando rematou a enxeñaría técnica para así poder continuar cos estudos superiores. Posteriormente, explica, “cando rematei a carreira, ofrecéronme continuar con eles en xornada de 8 horas, e dende entón aquí sigo”, como persoal colaborador en I+D para o proxecto Táctica, impulsado polo centro de investigación AtlantTIC, para potenciar o polo de xeración e transferencia de coñecemento TIC creado en Galicia arredor da EE de Telecomunicación.

Te puede interesar
Más en Universitas