UNIVERSITAS

Nacemento, morte e resurrección da ilustración de moda en España

gal1-2-_result
photo_camera A profesora de Esdemga Marta Riera, autora do libro "200 años de ilustración de moda en España".

A profesora de Esdemga Marta Riera vén de publicar, coa editorial barcelonesa Comanegra, o primeiro libro sobre a historia deste xénero no Estado.

Aínda que existen diferentes publicacións en España sobre o mundo da ilustración de moda, ata o de agora ninguén levara a cabo unha revisión histórica sobre a evolución deste xénero no Estado como a que a profesora de Esdemga Marta Riera formula en 200 años de ilustración de moda en España, o libro que vén de publicar 200 años de ilustración de moda en España coa editorial barcelonesa Comanegra.

A aparición das primeiras ilustracións de moda a mediados do século XIX, a época dourada do xénero a comezos do XX, a súa posterior substitución pola fotografía e o seu rexurdimento a partir da década de 1980 centran os contidos dun libro que “xurdiu como un proxecto vencellado a Esdemga e ao grupo de investigación DX7 e que conta tamén coa colaboración da Deputación de Pontevedra”, segundo relata a súa autora dunha publicación que naceu da súa “paixón polo debuxo relacionado co mundo da moda”.
De feito a evolución histórica deste xénero nun país “onde a ilustración sempre foi contemplada como unha disciplina menor, fóra da alta cultura”, xa centrara a tese de doutoramento en Belas Artes desta docente.

Esta investigación serviu precisamente como base para un libro que será distribuído en España e América Latina e para o que Riera realizou un traballo de adaptación da súa tese co obxecto de dar forma “a unha obra máis divulgativa, que permita realizar un percorrido histórico a través das imaxes”.

Te puede interesar
Más en Universitas