PROGRAMA PARA MAIORES

Nas aulas a voz de experiencia tamén é un grao

gal01_result
photo_camera Un momento do acto de inauguración do Programa para Maiores

Un total de 354 estudantes paricipan este ano no Programa para Maiores no campus de Vigo

Estudan o que lles gusta, cando lles gusta e sen ter obriga ningunha, senón por aproveitar as segundas oportunidades e superar retos que eles mesmos se marcan. Son os alumnos e alumnas sénior da Universidade de Vigo, estudantes matriculados no Programa para Maiores que non só achegan ás aulas “a súa experiencia, senón que dinamizan en gran medida as clases porque están moito máis implicados que os máis novos”.

Do total de 635 inscritos no programa para este curso 2015-2016, 354 asistirán a clase no campus de Vigo, outros 222 farano no de Ourense e 59 en Pontevedra. Unhas cifras que supoñen un incremento da matrícula de arredor do 20% con respecto ao ano anterior.

Con idades que oscilan entre os 55 e os case 90 anos, trátase dun alumnado moi ben considerado por parte do equipo docente, implicado, estudoso, con notas que en moitas ocasións destacan por riba dos demais compañeiros e compañeiras. “Fannos sentir profesores no sentido máis extenso da palabra, darlles clase é unha tarefa moi agradable porque temos a sensación de que comunicamos. A súa motivación é totalmente diferente á dos estudantes máis novos”, asegura María Luisa Castro, profesora de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo e coordinadora do Programa para Maiores no campus de Vigo.

O acto de apertura do curso celebrouse hai uns días e estivo organizado pola Asociación de Alumnos Aulas de Formación Aberta na EU de Estudos Empresariais

Te puede interesar
Más en Universitas