UNIVERSITAS

Nenos e nenas que saben o que son alén do seu sexo

gal1_result
photo_camera Cristina Palacios, no campus de Ourense.

Cristina Palacios presentou no campus a Asociación de Familias de Menores Transexuais Chrysallis

Non fai falta chegar a adulto para saber o que un é. Os nenos e nenas tamén saben quen son. E ese quen son vai moito máis alá do sexo, home ou muller, que a sociedade lles asigna segundo os xenitais cos que naceron. Diso sabe moito Cristina Palacios, traballadora social e sobre todo nai de Sara, a primeira nena galega transexual que fixo o seu tránsito social con nove anos. Tralo salto aos medios de comunicación do seu caso, outras familias puxéronse en contacto con ela e hai un mes e medio crearon a delegación en Galicia da Asociación de Familias de Menores Transexuais Chrysallis, que Palacios preside. O seu obxectivo é loitar por mellorar a situación destes nenos e nenas que, coma os demais, teñen o dereito a vivir unha infancia feliz.

A conferencia de Cristina Palacios tivo lugar durante a segunda sesión da II Semana da Promoción Social, organizada por alumnos e alumnas dos graos de Educación Social e Traballo Social do campus de Ourense para afondar en cuestión de actualidade na súa área de coñecemento.

“Cando se coñeceu o caso de Sara outras familias puxéronse en contacto connosco e decidimos crear a asociación co obxectivo de loitar pola visibilización dos menores transexuais, pola normalización da súa situación e pola súa despatoloxización, para que médicos, pediatras e demais persoas deixen de velos como enfermos. Eles non son enfermos, son nenos e nenas que simplemente non se identifican co sexo que os pais e a sociedade lles asignamos ao nacer ao ver os seus xenitais”, apuntou Palacios Castro

Te puede interesar
Más en Universitas