UNIVERSITAS

Novas temáticas e enfoques para os cursos de verán

A relación entre ciencia e cociña e o turismo enolóxico centran algunhas das novas propostas

nnn O período de docencia está a piques de rematar nas aulas universitarias pero a actividade formativa continúa dentro e fóra delas a través de, entre outras iniciativas, dos cursos de extensión universitaria. Este ano son sete as opcións formativas propostas desde o campus de Ourense e 415 as prazas dispoñibles tanto para os membros da comunidade universitaria como para a cidadanía en xeral interesada en aproveitar os vindeiros meses para formarse en diferentes eidos. A programación deste 2016 renóvase con novas incorporacións e novos enfoques para propostas xa consolidadas.

Entres as novidades da programación está o curso Cociña: ciencia e tecnoloxía, dirixido por Sidonia Martínez e Mª Inmaculada Franco. O seu obxectivo é achegar aos inscritos aspectos como os procesos físicos e químicos que interveñen na cociña de vangarda ou conceptos básicos dalgunhas técnicas culinarias clásicas e modernas. Tamén no eido da gastronomía aínda que desde outra perspectiva afonda o curso Turismo baseado na cultura da produción tradicional do viño, da cervexa e da sidra.

Experiencias únicas en lugares singulares. Dirixido por José Antonio Fraiz e Noelia Araújo, a formación levarase a cabo no Concello de Allariz e na Estrada. Outra das novidades da programación aprobada pola Comisión de Cultura e Deporte delegada do Consello de Campus está Traballo social e servizos sociais ante o neoliberalismo e os novos escenarios do benestar, do docente Francisco Xabier Aguiar.

Te puede interesar
Más en Universitas