UNIVERSITAS

Novo máximo histórico, con 586 estudantes estranxeiros

portadaA_result
photo_camera Un momento do acto de recepción aos alumnos estranxeiros celebrado no Campus de Vigo.

A Universidade de Vigo recibe ao maior número de alumnos doutros países, procedentes de Italia e o centro máis internacional é o de Filoloxía e Tradución

nnn Con 586 estudantes estranxeiros nos tres campus durante este curso, a Universidade de Vigo volve marcar un máximo histórico como institución de acollida internacional. Tras acadar unha cifra récord o curso pasado con 557, desta volta o número de alumnos e alumnas que estudan en Vigo, Ourense e Pontevedra ao abeiro dos programas de mobilidade volve medrar, principalmente no campus olívico.

Dos 586 estudantes foráneos recibidos neste ano, 137 cursaron nos tres campus o curso completo, 240 o primeiro cuadrimestre e 209 o segundo. Deles, 203 son homes e 383 mulleres. Por campus, Vigo continúa sendo o destino principal recibindo 436 estudantes, fronte aos 408 do curso pasado. En Pontevedra recalan 101, fronte aos 88 do anterior curso e en Ourense a cifra diminúe dos 61 aos 49. No tocante ao país de procedencia, o máis numeroso é Italia (85), seguido de Alemaña (78) e México (70). Respecto aos programas de mobilidade, o que dá acubillo a máis estudantes segue a ser o Erasmus, grazas ao cal chegan á Universidade de Vigo 399 mozos e mozas; cos convenio bilaterais 116 alumnos e alumnas; mentres que coas diferentes modalidade de ISEP son 30.

A Facultade de Filoloxía e Tradución volver ser o centro máis internacionalizado, con 183 estudantes, seguido de Ciencias Económicas e Empresariais con 91 e a Escola de Enxeñería Industrial con 69.
Son datos que a xuízo do vicerreitor de Extensión Universitaria e Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, “confirman cada vez máis a posición da Universidade no panorama internacional como unha referencia para os estudantes de todo o mundo”. Fernández Iglesias foi precisamente o encargado de darlles a benvida nos actos que o luns tiveron lugar nos campus de Pontevedra e Vigo, aos que seguiu Ourense o martes. Nestes eventos, representantes de servizos como Deportes, Normalización Lingüística, Centro de Linguas, Biblioteca, etc. explicáronlles a oferta de actividades culturais, formativas e lúdicas que lles achega a Universidade de Vigo. O vicerreitor destacou que con este tipo de actos se reforza “o papel da universidade pública como lugar de formación dos mellores profesionais para xestionar un futuro cun marcado carácter internacional”.

No campus de Vigo Alemaña e Italia son os principais lugares de procedencia, con 69 estudantes de cada un destes países. Dos 436 totais, 95 están en Vigo o curso completo, 184 estiveron no primeiro cuadrimestre e 157 acaban de aterrar no campus nestes días. As facultades de Filoloxía e Tradución e Ciencias Económicas e Empresariais e a Escola de Enxeñería Industrial son os centros que máis estudantes estranxeiros reciben no campus e na Universidade no seu conxunto.

A chegada de 31 novos alumnos e alumnas ao campus pontevedrés, sumados aos 31 estudantes que grazas aos diferentes programas de mobilidade permanecen na cidade durante todo o curso e os 39 que o cursaron nela os seus estudos no primeiro cuadrimestre fan que a cifra total de alumnos estranxeiros cos que conta Pontevedra no presente curso alcance os 101, converténdose así “no ano con máis estudantes internacionais no campus”, como destacou a técnica superior de Relacións Internacionais Eva Garea, no acto de benvida que esta mañá tivo lugar na Casa das Campás. Xunto co vicerreitor de Relacións Internacionais, o do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, encargouse de dar a benvida aos novos alumnos e alumnas estranxeiros e desexarlles “que gocedes da vosa estadía tanto persoal como academicamente”.

Te puede interesar
Más en Universitas