UNIVERSITAS

Orgullosos da profesión, enxeñaría de organización industrial

g1_result
photo_camera Os participantes na xornada acompañados polo profesor Carlos Prado, de corbata.

Titulados e tituladas de distintas promocións volveron á escola como exemplos de éxito no eido da loxística

 Ocupan cargos de responsabilidade nalgunhas das firmas máis representativas do tecido empresarial español (Grupo Eroski, Estrella Galicia, Grupo Cándido Hermida, Pili Carrera, PSA Vigo e Grupo Coren) e achegáronse á escola na que se formaron para servir de exemplo ás novas xeracións que están a piques de titularse e unirse á celebración do 30 aniversario da especialidade de Enxeñaría de Organización Industrial, a profesión que elixiron no seu día, e da que hoxe, con varios anos de exercicio profesional ás costas, aseguran estar “moi orgullosos e satisfeitos”.


A xornada, segunda actividade dun programa de actos que se estenderá ata o vindeiro mes de novembro, reuniu no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial a titulados de distintas promocións que un a un foron contando as súas respectivas experiencias, cada un desde o seu propio ámbito, do que supón exercer a enxeñaría de organización industrial, unha profesión “polivalente e versátil”, que esixe “esforzo, tenacidade e responsabilidade”.


“Estou moi orgulloso de ver a todos estes exalumnos ocupando postos de responsabilidade en empresas tan importantes, o que demostra que a materia prima era boa e que nós axudamos a non estragala moito”, subliñou o profesor Carlos Prado, organizador das xornadas, que explicou que a maior parte dos enxeñeiros de organización comezan a desenvolver a súa actividade en loxística e despois van evolucionando.

Te puede interesar
Más en Universitas