UNIVERSITAS

“A orientación engancha, unha vez que se proba e difícil deixala"

O adestrador José Luis Armada presenta unha nova tempada con moito optimismo 

 Trátase dunha disciplina deportiva en auxe e este mes arranca unha nova tempada para o equipo de orientación da Universidade de Vigo. José Luis Armada Luaces é o adestrador do equipo e ten parte de culpa en que cada día sexan máis os adeptos a este deporte.

Fálenos dos seus inicios, cando comezou vostede a interesarse por un deporte como é a orientación?
Foi en 1989 cando tiven o meu primer contacto coa orientación. Foi en Toledo, onde aínda se coñecía pouco esta modalidade deportiva e despois en Ferrol, cando, xunto a outros entusiasta, creouse o Clube Galego "Galicia de Caranza", que xunto co da "APA Liceo", "Artabros" de A Coruña e "ARoelo" de Pontevedra, naceu a Liga Galega de Carreiras de Orientación. A participación entonces era de 50 corredores por proba e na actualidade supérase con creces os 400 na maioría das carreiras. 

Que momento está a vivir este deporte?
Está a vivir un momento moi álxido. As licenzas crecen un 10% cada ano. Ademais, a confeción ou levantamento cartográfico de planos tamén está en aumento, este é un bo sinal dun gran traballo de todos os clubes galegos. 

E na Universidade de Vigo, como se presenta esta tempada?
Temos xa tramitadas trinta licenzas (12 mulleres e 18 homes) e ata finais de xaneiro está aberto o prazo para poder tramitalas.

Como animaría vostede a probar este deporte?
Aos que teñan curiosidade lles diría que consiste en realizar un percorrido nun entorno natural (xeralmente) ou urbán (noutras ocasións). É un deporte ideal para practicar de xeito individual, en familia ou con amigos, nos casos das modalidades de iniciación. Ademais, o contacto coa natureza, a toma de decisións, a actividade física saudable, así como o bo ambiente que se vive entre os orientadores son as principais características que estigmatizan a este deporte. A orientación, unha vez que se proba, engancha e resulta imposible deixar de pensar cando e onde será a vindeira carreira. 

No tocante ao voso equipo da Universidade, que obxectivos perseguides esta tempada?
Temos que seguir fomentando este marabilloso deporte dentro e fóra da Universidade. Estase a traballar dende hai cinco anos na promoción deste deporte tamén nos centros de ensino. 

En que probas participaredes a tempada que agora arranca?
Como novidade temos previsto a participación os próximos días 23 e 24 de xaneiro no Campionato Ibérico, que terá como sede Ciudad Rodrigo, en Salamanca. Alí acudiremos unha representación do equipo da Universidade de Vigo. En marzo, coincidindo coa Semana Santa, participaremos no Campionato de España, que será en Pontevedra, catro días de intensa competición onde haberá carreiras de dintancia larga, media, sprint e relevos. Despois, seguiremos participando nas probas do calendario galego e do norte de Portugal.

Te puede interesar
Más en Universitas