ECONOMÍA

Premio á análise turística dos centros de interpretación

John Leyton Velásquez, Silvia Fernández e Pablo de Carlos durante entrega dos premios.
photo_camera John Leyton Velásquez, Silvia Fernández e Pablo de Carlos durante entrega dos premios.

O Campus acolleu a celebración do Foro Economía e Sociedade

Unha análise crítica dos equipamentos para a xestión turística dos centros de interpretación; un estudo sobre o posicionamento de destinos turísticos en base a unha variable xeográfica e unha investigación sobre o grao de cumprimento da Norma Técnica de Auditoría sobre informes por parte dos auditores. Estes son os tres traballos fin de grao que este martes foron distinguidos cos III Premios de Investigación Colexio de Economistas de Ourense-Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

A entrega destes galardóns tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense no marco da celebración do Foro Economía e Sociedade, organizado polo centro e polo Colexio de Economistas de Ourense. O acto contou coa asistencia de Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, entidade que financia a publicación dos traballos; Elena Rivo, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo; Guillermo Díez, decano do Colexio de Economistas de Ourense, e Julio Iglesias García, conselleiro delegado do Grupo Revi e presidente da Asociación Galega de Empresa Familiar. Esta iniciativa, lembrou Elena Rivo, naceu “co obxectivo de fomentar a calidade dos traballos fin de grao presentados polo alumnado deste centro e valorizar o seu esforzo” e, destacou Guillermo Díez, “enmárcase dentro das accións do convenio asinado entre as dúas entidades”.
 

Te puede interesar
Más en Universitas