Premio a un ‘vestido ambiental’ ideado en Belas Artes

gal1-2-_result
photo_camera O proxecto de Castellanos e Valverde prevé que se poidan recoller e almacenar diversos datos a través do traxe.

A investigadora da Facultade de Belas Artes María Castellanos e o profesor do máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual Alberto Valverde gañan o concurso 'Next Things 2015'

Deseñar un vestido capaz de medir diferentes factores ambientais e estudar a incidencia que estes teñen na persoa que o porta. Esta é a idea coa que a investigadora da Facultade de Belas Artes María Castellanos e o profesor do máster en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual Alberto Valverde veñen de converterse nos gañadores de Next Things 2015, o “desafío global de arte e tecnoloxía” que promoven Telefónica I+D e o LABoral Centro de Arte e Creación Industrial de Xixón. Despois de que a súa proposta fose a seleccionada polo xurado de entre as 39 presentadas desde diferentes partes do mundo, estes dous investigadores traballarán nos próximos seis meses no deseño dunha prenda capaz de medir a contaminación.


“O que propuxemos é a creación dun vestido intelixente, que mida a agresividade do medio que te rodea”, apunta Castellanos respecto dun proxecto que propón unha nova ollada ao mundo dos chamados wearables ou prendas intelixentes. A día de hoxe, lembra, “existen wearables que miden as túas capacidades biométricas ou o estado do corpo, pero non o estado do medio”. E iso é precisamente o que Castellanos e Valverde propoñen no seu proxecto Enviroment Dress, unha prenda que sexa capaz de achegar a quen a porta unha información sobre os niveis de dióxido de carbono, ruído ambiental, contaminación lumínica, humidade ou presión atmosférica.

Te puede interesar
Más en Universitas