Universitas

Preto de cen investigadores presentaron os seus proxectos

Universitas

SIMPOSIO DE COMUNICACIÓN

Preto de cen investigadores presentaron os seus proxectos

Un momento das xornadas celebradas na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación onde se reuniron investigadores de diferentes países.
photo_camera Un momento das xornadas celebradas na facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación onde se reuniron investigadores de diferentes países.

Celebrouse o I Simposio Internacional sobre Xestión da Comunicación onde o cambio nas formas de consumo e a internacionalización marcaron o “novo paradigma da comunicación”

Despois de a comer, traballar e durmir, ao que dedicamos máis tempo é a consumir medios”. Deste xeito puña de relevo Roberto Suárez, director do Media Intelligence Service da Unión Europea de Radiodifusión, a importancia que ten a xestión da comunicación nunha sociedade na que a internacionalización dos mercados e as novas formas de consumo de contidos obrigan a un debate sobre o papel que deben xogar os servizos públicos de información no século XXI.

Un debate que centrou o arranque na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do I Simposio Internacional sobre Xestión da Comunicación Dos medios aos metamedios, que organiza a rede de investigación Xescom, e no que o presidente da Asociación Española de Investigadores en Comunicación (AE-IC), Miquel de Moragas, incidiu na necesidade de afondar no cambio que se ten producido “na tipoloxía dos medios”, que deu pé a un “novo paradigma da comunicación”.

“Na sociedade actual, na chamada sociedade da información, xéranse múltiples demandas que deben ser cubertas por unha nova política democrática de comunicación”, salientou Morgas na inauguración dun congreso organizado pola rede Xescom, que coordina o grupo de investigación Novos Medios da USC e da que forman parte os grupos Necom e Mile, da Universidade de Vigo, e iMarka, da Universidade da Coruña. No marco das actividades desta rede, financiada pola  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, este simposio reuniu a preto dun cento de investigadores.n