UNIVERSITAS

O programa Ponte en Forma gaña adeptos nos tres campus

g3_result
photo_camera Preto de 70 persoas participan en Pontevedra no programa "Ponte en Forma".

Esta iniciativa está dirixida a promover que cada persoa faga o deporte que máis lle conveña.

A Área de Deporte e Saúde da Universidade puxo en marcha en 2009 un programa de actividade física dirixido a promover que cada persoa faga o exercicio que máis convén aos seus obxectivos e ás súas condicións. Trátase de "Ponte en Forma", unha iniciativa que xa comezou en 2006 no campus de Vigo e en 2008 no de Ourense.

Preto de 70 usuarios, entre alumnado, profesorado e persoa de administración e servizos participan no presente curso neste programa en Pontevedra. Como salienta Guillermo Santos, coordinador no campus dunha área que tamén engloba as unidades, tamén abertas a toda a comunidade universitaria, de fisioterapia e medicina deportiva, en Pontevedra hai "moita participación do alumnado, principalmente de estudantes de Ciencias de Actividade Física e do Deporte que xa se atopan nun estado de forma medio ou medio-alto e que o que buscan é continuar facendo exercicio e mellorar o seu rendemento". Non obstante, tamén deixa claro que se trata dun programa para todo tipo de persoas, desde as que “xa están acostumadas á practica deportiva a aquelas outras que fan pouco de exercicio e precisan dun seguimento ou dun control médico máis concreto”, sinala Santos.

Unha revisión médica antes de comezar un programa, ao que é posible subscribirse tanto por un cuadrimestre como por todo o curso, constitúe o primeiro paso á hora de receitar exercicio á carta aos usuarios e usuarias. Ten un custo de 60 euros para un cuadrimestre e, pese a que o prazo para inscribirse está aberto dende o pasado mes de xaneiro, todos os interesados e interesadas en facerse coa tarxeta "Ponte en Forma", aínda se poden anotar por medio do servizo de inscricións online.

Te puede interesar
Más en Universitas