UNIVERSITAS

Propostas para os ocos libres da axenda semanal

Está aberto o prazo de inscrición na programación de obradoiros e aulas do campus

Cinco aulas e sete obradoiros de temática moi diversa. A oferta de actividades formativas complementarias do campus de Ourense abriu este luns o seu prazo de inscrición. As aulas, de teatro e danza, prolongaranse durante todo o curso e os obradoiros ofrecen para este cuadrimestre unha variada oferta que abrangue desde aprender en inglés receitas e sobremesas da cociña anglosaxona ata potenciar o benestar integral a través das técnicas de mindfulness. Pódense apuntar nestas accións tanto membros da comunidade universitaria como persoas alleas a ela.

Entre os sete obradoiros que se impartirán, este cuadrimestre está English kitchen and bakery, un curso de cociña en inglés onde se elaborarán pratos e sobremesas da cociña anglosaxona baixo a supervisión de Lauren Dove. Dentro do eido gastronómico, tamén se oferta un obradoiro de Cociña saudable no que as persoas inscritas recibirán clases prácticas de Luis Vidal sobre como facer receitas equilibradas e nutritivas. Outra novidade dos obradoiros é o Programa respirar: mindfulness para mozos e mozas, no que os participantes se achegarán a esta disciplina en auxe que se centra en traballar a atención plena das persoas.

Os amantes do cine, tamén terán o seu oco nesta programación cun curso de Introdución á linguaxe cinematográfica impartido por Simone Saibene. Pola súa banda, os amantes da exiptoloxía terán para eles e elas un obradoiro titulado Na procura dos misterios de Osiris. Cultura e escritura do Antigo Exipto.

Te puede interesar
Más en Universitas