UNIVERSITAS

Un proxecto educativo con xogos electrónicos busca voluntarios

voluntarios_result
photo_camera Alumnos dos cursos de enxeñaría.

Na actividade participaron xa arredor de 120 alumnos, 50 das diferentes escolas de enxeñaría do campus e 70 do IES Escolas Proval de Nigrán

Os responsables en Vigo de eCity, un proxecto europeo de investigación educativa con xogos electrónicos, fan unha chamada aos alumnos e alumnas dos primeiros cursos das enxeñarías e dos últimos de bacharelato e ciclos formativos para que participen nas experiencias piloto que se están a realizar no campus ao abeiro deste programa. “Queremos que, se aínda non o fixeron, se animen e acudan a algunha das sesións para que proben o xogo”, subliña desde a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Manuel Caeiro.


Na actividade participaron xa arredor de 120 alumnos, 50 das diferentes escolas de enxeñaría do campus e 70 do IES Escolas Proval de Nigrán, aos que en datas próximas se sumarán alumnado do colexio Los Sauces. No campus a próxima cita foi este pasado martes no laboratorio ASo6. “É unha oportunidade para que facerlles ver que na universidade non só hai clases e prácticas segundo o currículo establecido, senón tamén moitas oportunidades para facer outro tipo de proxectos interesantes nos que o van pasar moi ben”, explica o docente.

Te puede interesar
Más en Universitas