UNIVERSITAS

Reforzo de vínculos académicos e científicos con Xapón

A Universidade renova a colaboración entre o grupo FA3 Novos Materiais e a Universidade de Tonhoku en Sendai (Xapón).

Prorrogar o acordo de cooperación académica e científica entre o Research Institute of Electrical Communication, RIEC, da Universidade de Tohoku en Sendai (Xapón) e a Universidade de Vigo, e en particular co Grupo FA3 Novos Materiais, e planificar futuras cooperacións.

Estes son os obxectivos centrais da visita que o profesor xaponés Junichi Murota realiza á institución académica viguesa, á que chega da man de Stefano Chiussi, docente e investigador do grupo de Novos Materias do Departamento de Física Aplicada. Murota volve a Vigo tres anos despois da súa última visita para prorrogar o acordo académico asinado entón entre o RIEC e a Universidade de Vigo e tamén para visitar o laboratorio láser do Grupo de Novos Materias co obxectivo de “avaliar a súa adaptación para poder manipular mostras procedentes das súas salas brancas e así realizar conxuntamente dispositivos microelectrónicos”, explica Chiussi. n

Te puede interesar
Más en Universitas