UNIVERSITAS

Residuos agroindustriais convertidos en deterxentes naturais

photo_camera A investigadora Xanel Vecino, autora da tese de doutoramento, nun dos laboratorios do Departamento de Enxeñaría Química.

Investigadores do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo conseguen esta conversión a partir de subprodutos da industria vitivinícola e do millo

Na actualidade a maioría dos produtos que se comercializan na industria cosmética e farmaceútica conteñen na súa composición deterxentes sintetizados quimicamente, que tamén son empregados en moitos casos en actividades cotiáns de limpeza. Isto podería mudar de conseguirse produtos máis naturais e biocompatibles e esta é, precisamente, unha das liñas de traballo dos investigadores do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo, onde leva a cabo o seu labor a investigadora Xanel Vecino, autora dunha tese de doutoramento que aposta polo aproveitamento e revalorización de residuos da industria vitivinícola e tamén de procesado do millo para a obtención de produtos de interese industrial como son os biosurfactantes, deterxentes naturais susceptibles de ser aplicados en farmacia e cosmética, e os bioadsorbentes, de elevada utilidade no tratamento das augas residuais.

O obxectivo é conseguir produtos de elevado valor engadido e máis sostibles co medio ambiente a partires de residuos ou subprodutos de algo tan habitual en Galicia como son a viña e o millo. “Se ben nestes intres a problemática da produción de biosurfactantes está relacionada co alto custe dos deterxentes producidos biotecnoloxicamente en comparación cos deterxentes sintetizados quimicamente na investigación logramos extraelos dun subproduto da industria do procesado do millo a un custe que podería competir sen cos surfactantes sintetizados quimicamente”, subliña Vecino.n

Te puede interesar
Más en Universitas