Rivo, reelixida decana de Ciencias Empresariais e Turismo

rivo_result

A docente recibiu 41 votos a favor e 10 en contra, conseguindo así ser reelixida para continuar tres anos máis ao fronte desta facultade

A Xunta de Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense votou a candidatura de Elena Rivo, a única presentada, a decana do centro. A docente recibiu 41 votos a favor e 10 en contra, conseguindo así ser reelixida para continuar tres anos máis ao fronte desta facultade. No período que se abre agora, Rivo e o seu equipo aspiran a consolidar as liñas de traballo desenvolvidas no último mandato, onde as relacións co tecido empresarial e a potenciación da internacionalización ocuparon un lugar destacado.

“O meu agradecemento a todas as persoas que viñeron a votar. O feito de que haxa un amplo número de membros da Xunta de Facultade nas votacións é algo moi positivo pois amosa como esta facultade está moi viva”, subliñou a decana tras confirmarse a súa reelección.

Agradecendo o “excelente labor” feito polos vicedecanos saíntes, Mercedes Mareque e Diego Rodríguez-Toubes, Elena Rivo salientou no seu discurso á Xunta de Facultade que “as liñas de actuación que pretendemos executar baséanse, en resumo, en dúas liñas: continuidade estratéxica e mellora acumulativa.

Te puede interesar
Más en Universitas