Universitas

O Servizo de Deportes, inmerso no proxecto Active Campus Europe

Universitas

UNIVERSITAS

O Servizo de Deportes, inmerso no proxecto Active Campus Europe

Un momento da reunión dos representantes do proxecto Active Campus Europe.
photo_camera Un momento da reunión dos representantes do proxecto Active Campus Europe.

O programa europeo busca realizar accións para combatir o sedentarismo

A Universidade de Vigo é, xunto a Autónoma de Barcelona, a entidade académica escollida para representar a España no proxecto Active Campus Europe, unha iniciati­va coordinada pola University of Aachen que ten como obxectivo desenvolver a nivel europeo un programa de mobilización das persoas da comunidade universitaria seden­tarias ou pouco activas. Nesta iniciativa participarán un total de sete países (Alema­ña, Irlanda, Inglaterra, Holan­da, Portugal, Finlandia e España) e cada un deles estará represen­tado por dúas universidades.


A Universidade de Vigo foi es­collida pola traxectoria do seu Servizo de Deportes na orga­nización de eventos, xornadas e programas relacionados coa promoción da actividade física saudable entre as persoas non acti­vas. Exemplos destas actividades son os Martes ConVida que comezaron no cam­pus de Ourense e que tras varias edicións xa se están a desenvolver en Vigo e Pontevedra cun gran éxito de participación ou os Programas Ponte en Forma de exercicio físico personalizado.


O primeiro contacto dos repre­sentantes das universidades esco­llidas celebrouse recentemente en Aachen e serviu para sentar as bases do proxec­to que se presentará antes do 14 de maio á convocatoria Erasmus+ da UE. A partir dese momento, e se todo transco­rre segundo o previsto, o proxecto dará comezo en xa­neiro do 2016 coa execución de diversas actuacións que bus­carán fomentar os estilos de vida activos e saudables na comunidade universitaria europea.

Dende a Universidade de Vigo acudi­ron como representantes Javier Rial e Román Lago, técnicos superiores do Servizo de Deportes, que coinciden en sinalar a confluencia deste proxecto europeo co obxectivo xeral que dende hai anos se persegue no Servizo de Deportes da Universidade de Vigo de fomentar a práctica de actividade física e os estilos de vida saudables entre todas as persoas da comunidade universitaria.