UNIVERSITAS

Silvia García, nova decana de Belas Artes cun apoio de preto do 90%

_g1-1-_result
photo_camera Carlos Tejo, Marcos Dopico, Silvia García, Susana Cendán e Ana Suárez conforman o novo equipo decanal.

A primeira muller á fronte do Decanato propón unha exposición itinerante co gallo do 25 aniversario do centro

Como unha “tremenda responsabilidade” asume a profesora Silvia García a súa elección como nova decana da Facultade de Belas Artes, despois de recibir o apoio de preto do 90% dos asistentes á Xunta de Facultade convocada para este luns. García, que nos últimos anos exerceu como vicedecana de Cultura e Relacións Institucionais, convértese con 35 votos a favor, tres en contra e unha abstención, na primeira decana na historia da facultade, no ano do seu 25 aniversario. Faino á fronte da única candidatura que concorreu a un proceso no que foron chamados a votar un total de 63 representantes do profesorado, PAS e alumnado.

Marcos Dopico, como novo vicedecano de Imaxe e Calidade; Susana Cendán, como responsable de Organización Académica e Relacións Institucionais; Carlos Tejo, como vicedecano de Relacións Internacionais e Ana María Suárez, como secretaria académica, completan o renovado equipo co que García concorreu ás eleccións na que se decidía quen tomaría o relevo do profesor Juan Carlos Meana á fronte da dirección do centro e nas que só Suárez, representante do PAS, e a propia decana electa repiten presenza. Integrante do Departamento de Pintura, García foi alumna da segunda promoción da facultade, na que traballa como profesora contradada doutora desde o ano 2002 e que dirixirá durante os próximos tres anos. Un período que asume “con responsabilidade, porque sabemos que se aveciñan cambios que nos afectan e que se está a cuestionar a sustentabilidade da universidade pública”. n

Te puede interesar
Más en Universitas