UNIVERSITAS

Silvia García, a única candidata ao decanato de Belas Artes

gal001_result
photo_camera Silvia García, candidata a decana de Belas Artes.

Lidera un proxecto no que a calidade da ensinanza e a responsabilidade social serán os eixos centrais.

A Facultade de Belas Artes elixirá novo equipo decanal despois de dous intentos fallidos. Silvia García, profesora do Departamento de Pintura, encabeza a única candidatura provisional presentada para concorrer ás eleccións convocadas para o vindeiro 16 de marzo para dirixir este centro. É a primeira proposta que se presenta despois de que os procesos electorais abertos en febreiro e decembro do pasado ano se pechasen sen candidaturas para dar o relevo ao actual decano en funcións, Juan Carlos Meana. García xa formaba parte do actual equipo decanal, no que era vicedecana e responsable de Cultura e Relacións Institucionais.

O equipo decanal liderado por García completaríase con Marcos Dopico como vicedecano de Imaxe e Calidade; Susana Cendán, como vicedecana de Organización Académica e Relacións Institucionais; Carlos Tejo como responsable de Relacións Internacionais e Ana Suárez como Secretaria Académica, cargo que xa viña desenvolvendo ata o de agora. A Xunta electoral reuniuse o pasado venres, 6 de marzo, para facer oficial a proclamación da candidatura provisional, momento a partir do cal abriuse un prazo de dous días para alegacións. Deste xeito, onte foi a proclamación definitiva, xusto cinco días antes de que a Xunta de Facultade sexa chamada ás urnas.

Te puede interesar
Más en Universitas