UNIVERSITAS

Solucións viguesas aos retos das cidades intelixentes

g1_result
photo_camera Os representantes da Universidade e de Telefónica xunto cos participantes e os titores.

Neste hackathon os programadores desenvolven aplicacións coas que melloran o tráfico, a saúde, a enerxía ou o comercio

Máis de trinta estudantes das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade traballaron arreo para desenvolver aplicacións ou servizos tecnolóxicos que contribúan a crear cidades intelixentes, a dar solucións aos retos das smart cities. É a primeira vez que HackForGood, o hackathon ou encontro de programadores, promovido por Telefónica, a ESE de Telecomunicación da Universidad Politécnica de Madrid, a Fundación Hazloposible e a startup MashmeTV, co apoio da Red de Cátedras Telefónica, recala en Vigo. Durante tres días celebrouse simultaneamente en nove universidades españolas con preto de 1.000 estudantes implicados que deberán dar respostas aos retos planteados arredor de tres temáticas: Smart Cities, Smart Worlds, Smart Society; M2M e internet das cousas e o impacto nas persoas e nos cidadáns.

A inauguración oficial correu a cargo do reitor Salustiano Mato e do director de Telefónica Galicia, Manuel Alonso, un acto ao que tamén asistiu o director da Cátedra Telefónica, o profesor José Cidrás. O responsable autonómico da empresa de telecomunicacións explicou que HackForGood é un evento multidisciplinar no que se trata de integrar a estudantes de diferentes ramas para que coa súa App dean resposta a un dos 100 retos que achegaron diferentes persoas na web do proxecto.

A inauguración deste evento coincidiu tamén coa entrega dos premios da I edición do Galicia Open Future, o centro de emprendemento galego impulsado por Telefónica en colaboración coa Xunta de Galicia.

Te puede interesar
Más en Universitas