UNIVERSITAS

Terceira corona do xadrez galego para o Universidade de Vigo

11-previo_equipo_result
photo_camera Integrandes de distintas categorías de xadres da Universidade de Vigo.

Venceron por un contundente 0 a 6 ao Cidade de Narón e alzáronse así co Campionato Galego 2015

O Universidade de Vigo ven de proclamarse Campión Galego 2015 tras derrotar na División de Honra ao Cidade de Narón por un contundente 0-6. Eran tres os equipos que loitaban nesta derradeira xornada de liga polo campionato, e se ben o Universidade de Vigo era polo que menos se apostaba para alzarse co título, volveu demostrar que se crece en situacións adversas. O equipo capitaneado polo Maestro Internacional, Pablo García, conseguiu deste xeito a súa terceira corona no xadrez galego.

Foi un ano intenso, cheo de emocións, marcado por varios aspectos salientables. Por un lado a apertura que se fixo esta tempada xogando e acercando este deporte á cidade, neste caso no Real Club Náutico, unhas magníficas instalacións, abertas ao público nas que todos os afeccionados e moitos outros que non o eran, puideron gozar do xadres ao máis alto nivel xa que o Universidade de Vigo está na élite do xadrez nacional, entre os 16 mellores equipo de España, competindo na Primeira División Nacional.

Por desgracia volve a ser salientable o "absurdo sistema de competición", segundo salienta Pablo García, no que se computan os goles e non os encontros gañados. Outro dos contratempos é que ao eliminarse os play offs, a liga resulta extremadamente corta.

No tocante aos retos e próximos proxectos, en competición por equipos "o gran momento está por chegar", sinala García, xa que na Primeira División Nacional, en Linares e dos días 8 ao 14 de agostos, contará coa participación dos mellores xogadores do mundo, entre os que estarán os de Vigo como únicos representantes galegos. Tamén é probable que participen na Copa de Galicia, o 10 de maio, "unha competición máis lúdica a un ritmo rápido de xogo".

Te puede interesar
Más en Universitas