UNIVERSITAS

A terceira edición de HackForGood achegarase ao campus de Vigo

uploaded_ha1_result
photo_camera Hackers.

O edificio Miralles acollerá do 16 ao 18 de abril o encontro de hackers sociais

Unha plataforma para compartir conversación con persoas doutros países co obxectivo de aprender idiomas e compartir cultura. Impulsar o comercio minorista a través de mercados abertos. Recuperar familiares perdidos. Promover a autonomía de persoas con discapacidade na contorna doméstica.

Estes son só catro exemplos los Retos sobre os que entre os días 16 ao 18 de abril poderán traballar os e as participantes na III edición de HackForGood, unha iniciativa de Telefónica centrada na innovación, na que se desenvolverán novas ideas, servizos ou aplicacións que axuden a resolver problemas sociais. Smart Cities, Smart Worlds, Smart Society, así como M2M, Internet das cousas e impacto nas persoas e na cidadanía son as liñas temáticas nas que deberán inserirse os retos que os e as hackers sociais poderán elixir para elaborar as súas aplicacións, que serán avaliadas e premiadas, no caso das mellores, tanto local como globalmente.

E é que a terceira edición de HackForGood vaise celebrar de xeito simultáneo en nove cidades española, entre elas Vigo, ademais de Madrid, Valencia, Málaga, Murcia, Sevilla, As Palmas, Salamanca e Valladolid.

No caso de Vigo será a sala I do Edificio Miralles a que acolla aos e ás hackers sociais, ao pertencer a institución académica viguesa á rede de cátedras Telefónica. “A Universidade participa no HackForGood por ser un evento de interese social e dinamizador da participación de grupos de traballo da nosa comunidade”, explica o catedrático José Cidrás, director da Cátedra Telefónica para a innovación enerxética da Universidade de Vigo, que conta para a celebración deste evento coa colaboración da Vicerreitoría de Economía e Planificación e as escolas de Telecomunicación, Enxeñería Industrial, Minas e Informática.

Te puede interesar
Más en Universitas