Últimos días para inscribirse á HappyGoRunning

O 19 de febreiro remata o prazo para anotarse á andaina e á carreira

Xa está case todo preparado para que o vindeiro día 24 de abril, o Campus de Vigo volva a ser todo un referente deportivo e de ocio gracias a unha nova edición da HappyGoRunning. Dende a organización queren lembrarlle a todos os interesados que aínda están a tempo de apuntarse, concretamente ata o vindeiro martes, 19 de abril, ás 23:59 horas, pero deben facelo canto antes xa que o número de inscritos aumenta a bo ritmo e hai un límite de 1.000 prazas no que se refire á carreira. Xa está confirmada a participación de equipos deportivos chegados dende Braga, Porto, Lugo ou A Coruña e, un ano máis, este evento promete ser todo un éxito.

No tocante á andaina, o prazo para inscribirse tamén remata o día 19 e son moitos os que xa se animaron e a inscrición avanza a moi bo ritmo. Será unha ocasión perfecta para pasar unha estupenda mañá de domingo, facendo deportes e gozando do magnífico entorno do Campus de Vigo e dos montes de Beade.
 

Para que ninguén se quede coas ganas de participar, o Servizo de Deportes pon á disposición de todos e de balde un servizo de ludoteca que estará operativo de 9.00 a 13.00 horas e onde os nenos e nenas de 3 a 11 anos poderán participar en xogos e mesmo gozar da piscina. Será, sen dúbida, un evento único e todo está xa organizado para coidar ao máximo cada detalle. 

Te puede interesar
Más en Universitas