DEPORTE UNIVERSITARIO

A Universidade de Vigo acada tres bronces en Atletismo

O Campionato de España Universitario disputouse a fin de semana pasada en Murcia

¡A pasada fin de semana, Murcia foi o escenario do Campionato de España de Atletismo Universitario, onde a A Universidad Católica San Antonio de Murcia foi a anfitroa. O balance da competición para a Universidade de Vigo foi de tres medallas de bronce e tres 4º postos, todos eles acadados na categoría masculina. 

O deportista Miguel Cajaraville obtivo o terceiro chanzo do podio cunha marca 4.50 en salto de pértiga, modalidade na que se impuxo o atleta da Universidade do País Vasco Gonzalo Santamaría cunha marca de 5.10. Outro dos bronces vigueses viu da man de José Alfonso Palomares en tripla salto masculino, facendo unha marca de 15.99. Neste caso o gañador foi José Emilio Bellido, da Universidad Católica San Antonio de Murcia cun salto de 16.23 metros. O derradeiro dos bronces para a Universidade de foi o de Sergio Paredes en lanzamento de martelo, cunha marca de 52.03 metros, na que acadou o ouro Javier Cienfuegos, da Universidad Católica San Antonio de Murcia, con 67.60 metros.

A institución viguesa obtivo tamén tres 4º postos, da man de Adrián Pérez nos 100 metros masculinos, atleta que tamén obtivo un sexto posto nos 200 metros; Ivo Maseda nos 10.000 masculino; e Daniel Chamosa, nos 10.000 metros marcha, para os que fixo un tempo de 44:35:51.

A Universidad Católica San Antonio de Murcia (UCAM) revalidou o seu título como principal potencia universitaria en atletismo, con 28 medallas (15 de ouro, nove de prata e catro de bronce). Ademais, entre os participantes nesta proba universitaria houbo nomes destacados do deporte español e numerosos atletas que estarán nos Xogos Olímpicos de Río'16, como Miguel Ángel López, campión do mundo de 20 quilómetros marcha ou Ruth Beitia, campioa da Diamond League en salto de altura.n

Te puede interesar
Más en Universitas