Universitas

Os videoxogos, un soporte publicitario definido

Universitas

videoxogos

Os videoxogos, un soporte publicitario definido

CCSS e da Comunicación acolleu a I Conferencia Internacional de Videoxogos e Publicidade.
photo_cameraCCSS e da Comunicación acolleu a I Conferencia Internacional de Videoxogos e Publicidade.

Nas ponencias participaron preto de 20 especialistas e profesionais

Segundo un estudo da consultora Nielsen, o 87% dos xogadores e xogadoras de videoxogos recordan as marcas que aparecen nun determinado xogo, porcentaxe que sumado ao feito de que esta industria factura en España máis de 3.000 millóns de euros ou á estimación de que o número de xogadores e xogadoras neste país se sitúa nos 26 millóns, dan conta do potencial dos videoxogos como soporte publicitario. Estas foron algunhas das cifras que se puxeron sobre a mesa na primeira xornada da I Conferencia Internacional sobre Videoxogos e Publicidade, que coa participación como relatores e relatoras de preto de 20 expertos e profesionais, se desenvolveu na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Organizadas polo grupo de investigación Comunicación Persuasiva 2, o grupo de innovación docente ComTecArt e a asociación científica Icono 14, as xornadas que coordinou a profesora Beatriz Legerén “buscaban pór o foco nas características dos videoxogos como soporte publicitario marcado pola interacción co xogador ou xogadora, así como nas posibilidades que estes produtos supoñen desde o punto de vista do márketing e a publicidade e na súa capacidade de persuasión”, como sinalou na súa inauguración o vicerreitor do campus, Jorge Soto.

Estruturadas en seis mesas de debate, as xornadas que se abriron coa conferencia do catedrático da Universidad Complutense de Madrid Francisco García contribúen nese senso a situar a CCSS e da Comunicación “como un referente no sector dos videoxogos”, como engadiu o decano, Xosé Baamonde, que puxo o acento en como “cada vez máis as empresas son conscientes de que a comunicación cambiou” e que os videoxogos se teñen convertido nun interesante soporte para “crear vínculos cos seus potenciais clientes”.