UNIVERSITAS

A xenómica do cancro e as enfermidades infecciosas, a exame

posada_result
photo_camera David Posada, investigador de Biocaps e organizador da xornada.

As dúas últimas citas científicas que o IBI organiza antes do verán, concretamente os días 4 e 19 de xuño,  teñen aberta a inscrición gratuíta

Os últimos avances científicos en xenómica do cancro e enfermidades infecciosas serán expostos durante os dous seminarios que o Instituto de Investigación Biomédica (IBI) celebrará o próximo mes de xuño no marco do proxecto Biocaps. Ambas as dúas citas, ás que están convocados a totalidade da comunidade biomédica galega, están abertas xa á inscrición, de carácter gratuíto.
A xenómica é unha disciplina ineludible no estudo do cancro, dado que este é unha enfermidade do xenoma. Ao longo da mañá do 4 de xuño, científicos procedentes de centros españois e británicos explicarán no edificio de AFundación en Vigo os seus traballos, todos eles desenvolvidos en base ás recentes tecnoloxías de secuenciación do xenoma.


“Grazas a elas, durante a última década asistimos a avances moi alentadores na caracterización de mutacións puntuais e alteracións estruturais nun amplo espectro de cancros”, explica David Posada, investigador da área de Novas Ferramentas de Diagnóstico e Terapia de Biocaps e organizador do seminario. Ademais, a secuenciación do xenoma completo dun número importante de tipos de cancro permitiu aos investigadores ter unha ampla visión sobre a evolución destas doenzas.
O 19 de xuño as protagonistas serán as enfermidades infecciosas. Durante o seminario, que se prolongará durante toda a xornada, abordaranse aspectos relacionados coa prevención, o desenvolvemento de vacinas, o diagnóstico e o tratamento de enfermidades infecciosas cunha especial incidencia na actualidade.

Te puede interesar
Más en Universitas