ENTROIDO

A conta atrás para a troula

Os felos de Maceda atizan co bastón (MIGUEL ÁNGEL)
photo_camera Os felos de Maceda atizan co bastón (MIGUEL ÁNGEL)

A Mascarada Ibérica medra cada ano tanto en número de grupos participantes como en afluencia de público. As rúas, aparcadoiros e restaurantes de Viana quedaron pequenos para acoller aos milleiros de visitantes que se achegaron onte

Viana tiña onte, máis que nunca, unha mestura de cor especial. Dende primeira hora da mañá eran moitos os que se congregaban na Praza Maior e no entorno do Toural para non perder detalle dun verdadeiro espectáculo tradicional e cultural: nada menos que 42 representacións dos entroidos máis ancestros da península facendo os seus rituais, amosando o seu comportamento e interactuando co público nun evento que xa está considerado como o pistoletazo de saída ao Entroido ourensán. Pola rúa de San Roque, boteiros, pantallas, cigarróns e moitos máis captaron todas as atencións. Os diablos e mascaritas chegaron a pintar á xente e os cenerais do Ulla levantaron pasións. 

En Viana onte non collía ninguén máis, e o seu rexedor, Secundino Fernández, pediu máis apoio administrativo para que este evento traspase fronteiras. "Case non había onde deixar o coche, tivemos que habilitar o patio do colexio como aparcadoiro", manifestou o rexedor. "O espectáculo foi grandioso, no rural, onde ten que ser. Un éxito total", engade.

Te puede interesar