Valdeorras

O alcalde do Barco, Alfredo García, preside a asamblea do Eixo Atlántico

Valdeorras

O alcalde do Barco, Alfredo García, preside a asamblea do Eixo Atlántico

A cohesión social, a crise demográfica e a captación de investimentos e talento centrarán os obxectivos do 2020 no marco do desenvolvemento da axenda da entidade

Alfredo Garcia, alcalde de O Barco de Valdeorras, exercerá como novo presidente da Asemblea do Eixo Atlántico. Desde esta posición seguirá traballando polo interior de Ourense e polo Corredor Ferroviario do Atlantico e a estrada A-76.

A cohesión social, a crise demográfica e a captación de investimentos e talento centrarán os obxectivos do 2020 no marco do desenvolvemento da axenda Urbana do Eixo Atlántico, aprobados na Asemblea Xeral celebrada en Matosinhos onte, onde se incorporaron Povoa de Varzim e Cullero como novas cidades

A captación de investimentos e talento será un dos eixes da estratexia do Eixo Atlántico xa que para fixar poboación na eurorregión é preciso atraer novos investimentos que xeren emprego e tecido económico-empresarial que atraia talento e permitan á poboación establecerse e fixarse no territorio. Xunto a estas dúas liñas de traballo, únense a cohesión social e a crise demográfica

No ámbito das infraestructuras manteranse reunións cos ministros responsables das obras públicas de España e Portugal para o seguimiento das obras previstas no segundo paquete de infraestructuras paralizadas polos procesos electorais de ambos países para concluír ou avanzar obras como o bypass de Braga, a Saída Sur de Vigo, o corredor do Atlántico e as conexións viarias entre Ponferrada-Barco de Valdeorras-Monforte-Ourense.