literatura

Os alumnos do Lauro Olmo elaboraron a súa antoloxía de poemas

Os alumnos presentan o seu libro.
photo_camera Os alumnos presentan o seu libro.

Os libros inclúen una selección de poemas de autores galegos, outra de escritores extranxeiros e as súas propias obras

Os alumnos de 4º curso do Instituto Lauro Olmo, de O Barco de Valdeorras, reunirán fondos para ir de excursión coa venda dun libro que eles mesmos confeccionaron e que titularon "O que colle nun poema". O volumen, de 116 páxinas, consta de tres partes. Unha primeira, que recolle unha escolma de poemas galegos do século XX; unha segunda con traduccións de obras de autores de outros países; e unha terceira coa poesía dos estudantes.

"Xurdiu facer un libro para vender para a excursión, mais foise retrasando e non acabamos a tempo. O libro está feito polos alumnos de 4º, que escolleron o título dun poema da antoloxía, de Daniel Salgado", explicou a coordinadora, Xemma Fernández.

Son 107 as páxinas do volumen e comezan cos 27 poemas seleccionados entre escritores galegos, como Antonio Noriega, Ramón Cabanillas ou Luís Amado Carballo, por citar aos primeiros que aparecen recollidos tralo limiar de Raquel Moldes. Na segunda parte, os alumnos recolleron sete obras de autores de outras nacionalidades: venezolana, brasileña, tunecina ou mozambiqueña, entre outros. Pechan a obra os 20 traballos escritos polos estudantes, quenes tamén son autores dos debuxos que acompañan os textos.

"En principio, o van vender os alumnos para as excursións, e tamén pódese comprar no Instituto", comentou Xemma Fernández.

Te puede interesar