política

Ana Pontón pediu o apoio da veciñanza a Albert e o BNG na Rúa

Albert fixo un chamamento a "recuperar a autoestima de A Rúa".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón,  pediu o apoio a veciñanza da Rúa "para que María Albert sexa a próxima alcaldesa" tras demostrar os dous anos que estivo como rexedora a capacidade do BNG "para facer política doutra maneira, desde un proxecto con ideas e impulso, capaz de poñer en marcha un cambio transformador deixando atrás tantos anos de caciquismo, de dilapidar recursos públicos e de mal goberno".

Na súa intervención, a candidata Albert lembrou que os dous anos nos que asumiu a Alcaldía demostrou "que se podía gobernar recuperando a soberanía popular da veciñanza da Rúa, secuestrada até esa data pois en lugar de residir no concello exercíase desde un local privado", criticou. Albert fixo un chamamento a "recuperar a autoestima de A Rúa".

O domingo pasado, o candidato do BNG ao Congreso por Ourense, Iago Tabarés, arropou a candidata á alcaldía de Allariz, Cristina Cid, que avanzou que  "queremos continuar co proxecto que naceu na vila en 1989". Desta maneira dan o relevo a figuras tan importantes para a vila e o país como foron Francisco García e Anxo Quintana. Estes últimos, tamén irán na candidatura do BNG no concello nas municipais.

Te puede interesar