ENTREVISTA

Antonio Rodríguez: “Os ingresos do rural van a menos e as necesidades cada vez son maiores"

Montederramo. 10-12-15. Provincia. Entrevista ao alcalde de Montederramo, Antonio Rodríguez.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Antonio Rodríguez Álvarez, alcalde de Montederramo.

Antonio Rodríguez Álvarez, alcalde de Montederramo por el Partido Popular, afronta un nuevo mandato al frente de la Corporación municipal

Antonio Rodríguez Álvarez, alcalde de Montederramo por el Partido Popular, afronta un nuevo mandato al frente de la Corporación municipal, con una oposición totalmente renovada. Si la anterior estuvo formadapor tres concejales del PSdeG-PSOE, ahora son tres ediles del BNG los que comparten sillones en el consistorio con los cuatro del PPdeG.

Como valora o traballo dos concelleiros do BNG, que ocupan os postos que no pasado mandato foron do PSOE?

O PSOE non se presentou ás Municipais. Hai catro anos foi ao revés, se presentou o PSOE e o BNG fixo unha lista con xente de fóra. A composición foi de catro concelleiros do PP e tres do PSOE. Esta vez, seguimos os mesmos o PP e tres o BNG. En canto a oposición, tanto o equipo de goberno como os edís do outro partido, o que tentan é  falar dos problemas do pobo e resolvelos, se se pode. A relación é normal. Boa. Somos veciños e temos que convivir xuntos.

É difícil dirixir un concello do rural?

É difícil, porque a poboación é cada vez menor. Os ingresos van a menos e as necesidades son maiores. É moi difícil cubrir os gastos. Aquí, aparte da poboación, está a dispersión. Para os 800 habitantes que somos, temos 13 parroquias e 84 núcleos. Imaxine o que supón atender todo. Facer un alcantarillado ou arranxar unha pista a un pobo costa o mesmo para seis veciños que para cen. Ese é o gran problema que temos. Non só a poboación, tamén a dispersión que hai. É o problema desta zona de alta montaña. Por moito que digan, as Administracións fíxanse máis na poboación que na dispersión. Entón os pequenos cada vez recibimos menos. É algo que non ten moita lóxica mais é así.

Como se portan as Administracións con Montederramo?

A Deputación, dentro das súas posibilidades, non teño queixa dela, mais son fabas contadas. Colaboran connosco na limpieza das pistas e nos eventos culturais, Hai boa colaboración, mais é o que hai. Por parte da Xunta, é o mesmo. O gran problema que hai coas subvencións é que moitas veces son finalistas. Dan o 40 % ou o 50 % e tes que aportar o resto. Moitas veces debes deixar de pedir porque o Concello non ten capacidade para pagar. Era moito máis lóxico que non fosen finalistas. Quen coñece mellor as necesidades do Concello que os que estamos aquí? Todos os concellos pequenos tiñamos que loitar por cambiar esta situación.

Cal é a situación económica de Montederramo?

A economía xira en torno a gandería fundamentalmente e, afortunadamente, foi a máis. Hai menos explotacións que fai anos, mais son máis grandes. Alégrame que haxa xente nova que se está incorporando. Hai relevo xeracional. De momento, é o fundamental. Tamén o turismo, pois estamos na Ribeira Sacra e cerca da estación invernal. Cando hai neve nótase moito. En Montederramo e no resto da comarca hai varias casas de turismo rural, mais somos deficitarios en aloxamentos. Onde comer vai habendo. Falo de toda a zona. A ver se se vai animando a xente e cremos nesto. Moitas veces non cremos no que temos. Ao mellor andamos buscándo noutros sitios o que poderíamos ter aquí. Queremos o noso futuro aquí, que a nosa xente teña o futuro aquí e non deba emigrar, como fixo toda a vida. Por esto temos que loitar.

Hai casas para arrendar?

Hai casas á venda. Para arrendar hai pouco. De feito, as que están dedicadas ao turismo rural traballan moi ben.

Sería importante a declaración de Patrimonio da Humanidade para a Ribeira Sacra?

Por suposto. Penso que é un reclamo moi importante. Facéndoo como Dios manda, porque a xente ás veces ten medo. Cando falas de Patrimonio sempre pensas en restriccións, mais ten que haber as lóxicas, pero que teñan sentido, pois deben beneficiar e non perxudicar.

Como están de infraestructuras viarias?

É outro tema fundamental para toda a comarca. Non falo de autopistas. No seu día falouse da A-76 por esta zona. Hoxe, da C-536. Non é unha obra do outro mundo, pois é da Xunta. Temos unha ponte no Concello de Leboreiro, en Vilariño Frío, onde aínda hai que parar para que pasen dous coches. É terceiromundista. A estrada é fundamental nesta zona. Falo de Caldelas en xeral. Aquí, necesitabamos a continuación hacia a estación. Para a xente que pode ir á ela e tamén para a que vive aquí, no Concello de Montederamo. Se tivésemos un acceso como Dios manda a Ourense, a xente que está traballando alí podería vir todos os días e non quedaría na cidade. Sería moito mellor para todos.

Montederramo vaise sumar á comisión de seguimento das infraestructuras que impulsa Trives?

Si, por suposto. A unión fai a forza. Estamos moi abandonados.

Que saída ten Montederramo á N-120?

Para toda a comarca de Caldelas, o enlace é Castro Caldelas-Monforte. Habería que pensar en enlazar coa autovía das Rías Baixas. Sería fácil de facer.

Por onde vai o futuro de Montederramo?

Pasa polos dous eixos: gandería e turismo. Os dous son fundamentais, que non é pouco. Sabemos os problemas que hai cos lumes no verán. En Montederramo sabemos de iso. Agora, que hai  máis explotacións e limpiánse máis os montes, non hai lumes. Arde o monte improdutivo, o que produce non. Non podemos permitirnos o luxo de ter miles e miles de hectáreas abandonadas. Se non vale para pasto pode valer para forestal. Todo serve para algo que non sexa arder. Son miles de euros os que se gastan nos fogos e que estaban mellor empregados en facer bos accesos e mellorar as explotacións para que a xente poida estar mellor.

Te puede interesar