Apertura da mostra "Cen anos do Barco nas fotos"

A exposición recolle un cento de reproduccións de fotografías que foron cedidas no seu día polos propietarios

 

O Teatro Lauro Olmo de O Barco de Valdeorras acollerá o vindeiro martes, día 31, ás 20,00 horas, a reposición da mostra fotográfica "Cen anos do Barco nas fotos", unha exposición que rememorará a que, co mesmo título, se organizou no ano 1986, da man da agrupación cultural Sementeira, hoxe desaparecida.

A exposición, incluída no Outono Fotográfico, está composta por máis de cen reproduccións en papel fotográfico das orixinais que prestaron os seus propietarios para a ocasión. Algunhas delas son de autores coñecidos, como Eugenio de Puga (do Bazar del Siglo), Martín Gómez, Manolo Barrio, Manuel Blanco Pascual e Rufino Rodríguez Liau (Foto Rufino). A mostra poderá verse ata finalizar o ano en horario de 19,00 a 21,00 horas, de luns a venres.

 As fotografías foron recollidas entre as numerosas persoas que as conservaron e através delas, segundo poñen de manifesto os promotores desta exposición,  "pódese viaxar polo Barco de outrora, imaxinar a vida de antes, concretar no espazo físico moitos relatos que contaban os maiores e poñerlle cara apersonaxes que construiron parte da historia do Barco". 

Te puede interesar