Infraestruturas

As obras na OU-602 ao seu paso por A Rúa obrigarán a desviar o tráfico o luns e o martes

plano
photo_camera Plano das estradas afectadas polas obras e os desvíos pertinentes.

Con vista a minimizar afeccións ao tráfico está previsto un percorrido alternativo polas estradas OU-603, tamén neste concello ourensán e na que a semana pasada se realizaron xa actuacións no firme.

As obras de reformo de firme que se están a executar desde a pasada semana na estrada autonómica OU-602, no Concello da Rúa, obrigarán ao desvío provisional do tráfico rodado o próximo luns e martes, días 23 e 24 de xullo.  

Esta estrada de 0,5 quilómetros de lonxitude recorre A Rúa e conecta a OU-533 con Fontei. Con vista a minimizar afeccións ao tráfico está previsto un percorrido alternativo polas estradas OU-603, tamén neste concello ourensán e na que a semana pasada se realizaron xa actuacións no firme, e a estrada OU-933.

Esta intervención forma parte das actuación programadas de rehabilitación do firme en cinco estradas autonómicas da comarca de Valdeorras, e nas que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda  investirá preto de 583.000 euros.

As estradas obxecto deste contrato desenvólvense  polos Concellos da Rúa, Rubiá, O Barco de Valdeorras, Petín e Larouco, e as obras están sendo acometidas pola empresa Aglomerados y Construcciones Valdeorras S.A.


As intervencións na comarca de Valdeorras


Outra vía obxecto deste contrato é a OU-636, ao seu paso polos Concellos de Petín e Larouco. As obras proxectadas tamén se centrarán no arranxo do firme que presente carencias. Nos mesmos concellos, tamén se rehabilitará a capa de rodadura da estrada OU-637.


Plan de reforzos de firmes


Coa execución deste tipo de traballos, o departamento de Infraestruturas da Xunta  continúa co desenvolvemento do Plan de Reforzos de Firme, que nos Orzamentos para 2018 incrementa a súa dotación de 15 a 20 millóns de euros.

Te puede interesar