ETNOGRAFÍA

A Asemblea Nacionalista do Macizo Central cataloga o patrimonio etnográfico

nacionaoistas_o_barco_result
photo_camera Participantes na reunión da Asemblea Nacionalista do Macizo Central, que se celebrou en Chandrexa.

Aprobouse unha proposta para levar aos respectivos concellos na que se reclaman medidas para atallar o problema do acceso a unha vivenda.

Representantes dos concellos de  Chandrexa de Queixa, A Teixeira, Poboa de Trives, Montederramo e Manzaneda asistiron á reunión convocada pola Asemblea Nacionalista do Macizo Central, que tivo lugar o pasado domingo en Chandrexa de Queixa. No transcurso da mesma, os asistentes analizaron os problemas principais que atinxen ao medio rural e próximamente convocarán unha reunión en Montederramo para debatilos e poder trasladarlos posteriormente á conselleira de Medio Rural.

Os asistentes asumiron, entre outras, unha proposta da representante da Teixeira para facer un catálogo de patrimonio etnográfico do Macizo Central, no que queden inventariadas edificacións singulares como fornos, muíños, sequeiros, fontes, lagares, etc. , que irá redactando cada quen dende o seu concello. Asimesmo, aprobouse unha proposta para levar aos respectivos concellos na que se reclaman medidas para atallar o problema do acceso a unha vivenda.

Te puede interesar