A Asociación “O Potiños" estará no Entroido de Vilariño de Conso

A Asociación Fotográfica "O Potiños" do Carballiño ten previsto para o fin de semana toda unha batería de actividades abertas aó público en xeral: Así para mañá está programado un curso de "composición fotográfica" na Casa da Cultural a cargo do fotógrafo Ivan Barreiro, con horario de 10,00 a 20,00 horas, con descanso para xantar. 

A inscripción é aberta ó público en xeral, custa 30 euros por persoa e formalizase no momento de aceder á sala.

Por outra parte, Ivan Barreiro ten neste momento montada unha exposición de fotos no Concello de Carballiño co suxerente título de "El azar encontrado" que estará durante todo o mes de xaneiro.

En canto o domingo, haberá saída fotográfica a Vilariño de Conso, ás 8,00 horas, dende cafetería La Creme, para asistir á "I Mascarada Ibérica" nesa localidade do oriente ourensán como inicio do Entroido 2015 e no que participan grupos de Galicia, Leon, Asturias e Portugal.

Para o luns, está prevista unha segunda saída fotográfica, igualmente aberta a participantes en xeral, para asistir en Castro Caldelas á Festa do Fachós, con saída ás 16,30 do Bar Peñasco e regreso aó remate da festa. A asociación recomenda que se leve "roupa non moi nova e prendas para cobrir a cabeza por mor das "choromiscas" dos fachós", sinalan os organizadores. 

Te puede interesar