O Barco perdeu un 16% de galegofalantes, nunha década

O Concello de O Barco perdeu un 16 % de monolingües en galego, ou que falan exclusivamente esta lingua, entre os anos 2001 e 2011. Este dato foi recollido polo Instituto Galego de Estadística, que observou como a porcentaxe pasou do 52,06 % da poboación ao 36,34 %.

Outros concellos, como Carballeda, Rubiá e Vilamartín tamén acusaron fortes descensos e pasaron dun 81,07 %, 88,95 % e 83,94 % a 42,93 %, 67,3 % e 52,72 %, respectivamente.

O descenso dos galegofalantes na comarca vai ser abordado na reunión que convocou a plataforma Queremos Galego para o vindeiro xoves, 29 de xaneiro, ás 20 horas, no salón de actos da Casa Consistorial.

"Nela analizarase a preocupante situación da lingua galega na comarca e, en xeral, en toda Galicia", segundo os convocantes. Ademais, falarase da manifestación programada para o 8 de febreiro, en Santiago.

Te puede interesar