O BNG presenta os seus candidatos en O Barco

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón. EFE.
photo_camera La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón. EFE.
Esta é a lista electoral do BNG no Barco de Valdeorras

O Bloque Nacionalista Galego presentará publicamente hoxe a tarde no Barco de Valdeorras aos cabezas de lista das candidaturas municipais do BNG da comarca. Nunha rolda de prensa fixada para ás 17,00 horas na sede da rúa Manuel Quiroga,  os nacionalistas darán a coñecer ás persoas que encabezarán as candidaturas municipais do BNG nos concellos de Vilamartín de Valdeorras, O Bolo e O Barco de Valdeorras.

No acto estarán presentes os cabezas de lista das tres candidaturas: José Jesús Vilasánchez Feijoo (O Barco), Ramón Porto Rodríguez (O Bolo) e Antón Rodríguez Prieto (Vilamartín),  acompañados das deputadas do BNG no Parlamento de Galicia María Albert e Noa Presas. 

Na xornada do sábado, 22 de abril, será a portavoz nacional do BNG Ana Pontón a que viaxe ata a vila de San Rosendo para participar nun acto  público coa veciñanza das comarcas de Terra de Celanova. O salón refectorio do Mosteiro de San Salvador será o escenario no que, a partir das 19,00 horas, se celebrará un encontro aberto a cidadanía que intervirán as candidatas e candidatos nacionalistas ás alcaldías dos concellos da Bola, A Merca, Cartelle, Celanova, Gomesende, Ramirás e Verea.

Te puede interesar