POLÍTICA

O BNG reclama unha mellora nas conexións en Valdeorras

"Gran parte dos diagnosticados de silicose  proveñen de Valdeorras e para recibir tratamento teñen que desprazarse a Oviedo", apuntou García

Francisco García, candidato do BNG ao Congreso, participou este luns nun acto electoral no Barco de Valdeorras. Como eixo central do súa candidatura sinalou a situación na que vive a poboación da comarca de Valdeorras nas súas conexións: "Precisamos que Ourense se poida comunicar co resto de Ourense e do país". Neste ámbito, destacou que "cando chegue a Madrid" traballará en medidas como o arranxo da N-120 que une a zona coa capital da provincia. "A comarca tamén precisa dunha conexión de autobús con a Gudiña para acceder ao AVE cando chegue", engadiu.

García aproveitou para denunciar a situación de "inxustiza" na que viven os veciños de Valdeorras. "Gran parte dos diagnosticados de silicose  proveñen de Valdeorras e para recibir tratamento teñen que desprazarse a Oviedo", apuntou García, sobre un terreo na que enfermedidade é importante debido ás explotacións de pizarra.

Sobre o sector da viticultura, mostraron as súasmedidas e xunto coa deputada autonómica, Noa Presas, fixeron fincapé no seu apoio. "Temos que garantir rendas para os produtores e que no censo catastral apareza reflectida a realidade das explotacións vitivinícolas", prometeu García. Por último, recalcou que "temos que facernos valer da man do BNG con representación en Madrid".

Te puede interesar