Letras Galegas

Cita do comercio do Barco no Día das Letras

(J.C.)
photo_camera (J.C.)
Os 44 socios do Centro Comercial Aberto O Barco colaborarán cos equipos de dinamización da lingua galega dos centros educativos barquenses en “Os Vieiros de Florencio”, homenaxeando a Florencio Delgado Gurriarán. Nos escaparates colocarán fotografías con versos seus. Os alumnos participarán nunha xincana buscando as fotografías dos folletos para entrar no sorteo dun vale de 50 euros. Ademáis, as mellores fotos dos centros recibirán outros de 25 euros.

Te puede interesar