PREMIOS

O comercio barquense agasallou aos estudantes

img_1229_result
photo_camera Os estudantes gañadores, na sede do Centro Comercial Aberto.

O Centro Comercial Aberto entregou os premios "na procura de maría victoria moreno", do día das letras galegas 2018

A Asociación Obarcoaberto Centro Comercial, de O Barco, entregou onte os premios da campaña do Día das Letras Galegas, que este ano foi titulada "Na procura de María Victoria Moreno". Durante a mesma, os comercios asociados colocaron debuxos coa figura da escritora elexida pola Real Academia Galega para protagonizar a festa da Lingua de 2018. Ademais, os escolares deberon determinar, entre diferentes títulos de obras exhibidos nos establecementos participantes, cales foron escritas pola autora.

Na organización da campaña, o colectivo de comerciantes que preside Sandra Moldes Rodríguez contou coa colaboura dos equipos de dinamización lingüística dos colexios Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán, Otero Pedrayo e Divina Pastora, xunto coa dos institutos Lauro Olmo e Martaguisela, todos eles ubicados en O Barco.

Unha alumna de 2º de ESO do Instituto Martaguisela foi a ganadora do vale de 100 euros, que podrá empregar na compra de libros ou material educativo. Houbo outros seis premios, estos de 25 euros, que foron para un alumno de cada un dos seis centros educativos da vila.

Te puede interesar