VALDEORRAS

O comercio pon de moda o traxe típico en O Barco

20190514201635128_result
photo_camera Presentación da campaña de promoción da lingua galega no comercio barquense.

Trinta e seis establecementos participan na campaña a favor do galego

O traxe tradicional galego centra a campaña do Centro Comercial Aberto de O Barco e os equipos de dinamización lingüística dos centros educativos da vila: os institutos Martaguisela e Lauro Olmo, ademais dos colexios Divina Pastora, Julio Gurriarán, Otero Pedrayo y Condesa de Fenosa.

Na campaña "Na procura de Antón Fraguas. Presume de lingua. Presume de prenda", que foi presentada este martes na sede do colectivo empresarial, participan 36 establecementos asociados ao CCA. A vicepresidenta, María Ánxeles Rodríguez, resumiu os obxectivos: "Promover o coñecemento do galego e que se coñezan os establecementos". 

Coa empresaria estiveron os responsables dos equipos de dinamización: Marta Cortés, Celia López, Josefa Domínguez, Paula López, Manuel González y Chus Rodríguez. Entre os días 16 e 31 de maio, os escaparates exhibirán as camisetas que confeccionaron os alumnos con nomes de prendas de traxes tradicionais e tamén de outras pezas de roupa. Os clientes deberán determinar as que forman parte do vestiario enxebre. A iniciativa, enmarcada no programa das Letras Galegas, inclúe unha exposición no Paseo do Malecón, baseada  no traxe galego.

Te puede interesar